top of page

coa maior gratitude por esta experiencia

Despois deste mailartístico ano as mestras organizadoras do I Certame Internacional de Mail Art que leva por lema “Hai un artista en ti” e que se ven realizando no CPI Conde de Fenosa de Ares, queremos celebrar a grande participación tanto da comunidade educativa como das persoas alleas ao centro: artistas, centros educativos, amigos, familias… 

 

Por iso, só nos queda decir: GRAZAS A TOD@S @s participantes!!

 

Tampouco queremos esquecer a colaboración especial do noso centro (profesores, familias e alumn@s), do persoal de Correos de Ares, do Concello polo seu interese ante a posibilidade de continuar coa exposición nun local cedido polo mesmo e ao Equipo de Orientación Específico de Ferrol polo seu recoñecemento ante este proxecto innovador.

 

Desexando que este certame só sexa o comezo dun proxecto colaborativo futuro que amose a importancia das ARTES no crecemento integral das persoas.

 

Unha aperta a todos e novamente GRAZAS

 

Lara Valcuende

Amelia Seoane-Chanes

 

  • Wix Facebook page
  • Blogger App Icon
bottom of page